Sunday 19 de May de 2024

Este sábado novo espectáculo do Vimiansol co Mago Teto


A Praza do Concello acollerá ás 21:00 h o show “Alquimia”
Este sábado, 18 de xullo, continúa o Vimiansol co espectáculo “Alquimia” do Mago Teto. A actividade, enmarcada dentro deste programa do Concello de Vimianzo, terá lugar ás 21:00 h na Praza do Concello. Para asistir ao evento haberá que coller entrada de balde ata completar aforo.

O Vimiansol de Vimianzo permitirá achegar á veciñanza as principais compañías das artes de rúa do momento. A iniciativa conta cunha programación completa con circo, maxia, teatro, música e cine, todas elas co humor como liña condutora da proposta. O Concello controlará o aforo dos eventos, que se celebrarán na Praza do Concello, mediante un sistema de entradas gratuítas que as persoas interesadas poderán recoller na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 h. O Concello pon a disposición o correo cultura@vimianzo.gal para máis información.